San Pedro matou o tempo

Tedes que saber que durante a escritura deste texto mantiven a mirada fixa nun punto calquera do salón durante os segundos necesarios para unha desconexión cerebral momentánea. O proceso repetiuse varias veces. Son instantes similares ós que se dan nunha comida cando alguén enmudece e mira o que hai na punta do seu garfo. Un tempo para a reflexión en branco. Ás veces provocado polo tedio, as drogas ou, como é o meu caso, a excesiva calor. Benvidos a Santiago no mes de xullo.

Sigo aquí, non me fun. Decidín non fuxir para o pobo ou para algún lugar con praia. Algo me retén nesta cidade. Levamos catro anos en Compostela, dous deles crendo que as repeticións resultan molestas. Pero nesta última tempada que pasamos aquí, avanzamos o suficiente como para que as repeticións nos divirtan.

O sol estivo todo o día incidindo nos cristais. O edificio mantívose nun silencio absoluto de sesta. Agora a tarde detense e o atardecer cristaliza. Sobre a mesa, o cinceiro reborda de cáscaras de pipas e os posos do café que me servín á tardiña non valen xa nin para ler o futuro. Decido saír da casa. No exterior, Compostela descobre a súa gran paleta de cores. Neste lugar enténdese a compaixón dalgúns pintores polos pigmentos, nos cales ven matices tan apurados que aos demais nos fan sentir cegos. O pintor francés Paul Cézanne, por exemplo, chegou a clasificar cento oito matices de verde nun só limón maduro.

Ó abrir o portal golpéame unha masa de xente, composta en gran parte por turistas extraviados que me arrastran sen compaixón. Todos compartimos a mesma idea de encher as rúas cando o sol ten por ben dar un respiro. Intento escapar da aglomeración e poño rumbo a San Pedro, que me garda as chaves do Reino dos Ceos.

Fai uns días que remataron as súas festas pero o espírito deste barrio sempre garda algunha sorpresa.

IMG_0223

Bandeira e cartel das pasadas festas de San Pedro | ©Sara Yáñez

Situada xusto na entrada de Compostela polo Camiño Francés, a zona é case tan antiga como a propia cidade. A súa personalidade histórica está marcada pola súa situación na periferia da cidade. Mercadores, artesáns e campesiños habitaron estas rúas e foron dotándoas dun carácter e sabor que contrasta coa seriedade do centro histórico. Pola Porta do Camiño entraba a veciñanza cara o mercado e os peregrinos que tomaban o Camiño Francés. O barrio de San Pedro era un arrabalde máis alá da muralla romana. Agora, a súa é a grandeza da simplicidade.

Paseo polo lugar e consúmense os minutos. Non ando á caza de nada, só me movo como o músico que xoga a improvisar; que insiste sobre un acorde buscando lateralmente, cara arriba ou cara abaixo, até atopar algún camiño complementario. Ó cabo do tempo xa non sinto o tedio que me obrigou a saír da casa. O barrio de San Pedro resulta unha pacífica forma de matar o tempo.

Porta do Camiño  | ©Sara Yáñez

Porta do Camiño | ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

Arco que dá paso á rúa do Medio| ©Sara Yáñez

Arco que dá paso á rúa do Medio| ©Sara Yáñez

A terraza do Mercromina RockBar ábrese á rúa do Medio. Facédelle caso ó monicreque. Este local, onde os concertos se beben, mola. | ©Sara Yáñez

A terraza do Mercromina RockBar ábrese á rúa do Medio. Facédelle caso ó monicreque: este local, onde os concertos se beben, mola. | ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

Placa de Seguros Mutuos Santiago nunha típica porta verde na rúa do Medio.| ©Sara Yáñez

O Parque de San Domingos de Bonaval inaugurouse no ano 1994 ó rehabilitarse a antiga finca e cemiterio dominicos. Os artífices foron Siza e a paisaxista Isabel Aguirre, quedando o parque dividido en tres zonas. | ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

O amplo parque resulta un lugar moi apropiado para pasar un rato en soidade, cos cans ou na compañía duns amigos, uns litros e unha guitarra (nas mans de alguén que a sepa tocar, evidentemente) | ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicadaSe subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

Posta de sol desde a rúa de Bonaval.| ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

Atardece na rúa da Costiña do Monte. O de “costiña” paréceme moi subxectivo. | ©Sara Yáñez

Vista da catedral desde a rúa do Rosario| ©Sara Yáñez

Vista da catedral desde a rúa do Rosario| ©Sara Yáñez

Se subimos pola costa de San Domingos atoparémonos coa vangarda do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, deseñado polo benquerido arquitecto portugués Álvaro Siza. Moi preto, as antigas dependencias monásticas da Igrexa de Santo Domingo de Bonaval (s. XIII) acollen hoxe o Museo do Pobo Galego, continente da mellor colección dedicada á cultura tradicional galega.| ©Sara Yáñez

Recuncho preto do adro da Igrexa da Angustia, na rúa do Rosario.| ©Sara Yáñez

IMG_0296

Unha gran cantidade de cervexa escorregaría pola rúa de Betanzos.| ©Sara Yáñez

IMG_0297

O trasegar da rúa da Cruz de San Pedro.| ©Sara Yáñez

IMG_0300

A rúa dos Lagartos goza dunha peculiaridade exquisita.| ©Sara Yáñez

IMG_0319

Tomar un café na rúa de San Pedro, principal arteria do barrio, faise máis vistoso coa caída da noite. | ©Sara Yáñez

IMG_0304

“Só hai dúas cousas malas que che poden pasar na vida, ser Pablo Picasso, ou non ser Salvador Dalí”. O pintor tamén dicía que “o tempo é unha das poucas cousas importantes que nos quedan”. Recórdanolo inmortalizado nunha das fachadas da rúa da Trisca. | ©Sara Yáñez

No barrio podes atoparte un combinado de pinchos, concerto de Velcro e exposición da carteleira da banda. Isto foi o mércores pasado no bar Pampín, situado preto da praza de San Pedro.| ©Sara Yáñez

No barrio podemos atoparnos por casualidade cun combinado de pinchos, concerto e exposición da carteleira da banda. Isto ocorreu o mércores pasado no bar Pampín, situado preto da praza de San Pedro. A banda, neste caso, responde ó nome de Velcro.| ©Sara Yáñez