O plan de integración da Zebra

Dise que en España non hai racismo, pero si que adoitamos emitir algún que outro prexuízo. É frecuente oír como alguén se pode dirixir a unha persoa de raza negra como mono, mouro, delincuente, que cheira mal ou que se casa por conveniencia para conseguir a nacionalidade. Isto son estereotipos que os españois temos enraizados no máis profundo da nosa mente. Son estereotipos que amosan que en España sigue habendo racismo. Loitar contra o racismo fomentando a integración entre culturas é un dos moitos obxectivos que ten a organización Equus Zebra dende a súa fundación en 2001.

Rúa Villa de Negreira, no barrio coruñés Agra do Orzán, un barrio cunha alta concentración de poboación de raza negra e musulmá. Ás catro e media da tarde dun día entre semana, fórmase un numeroso grupo de nenos ás portas da sede de Equus Zebra. Ábrense as portas e os nenos van entrando ordenadamente e cargados coas mochilas á organización: as clases de apoio escolar comezarán dentro de pouco. Os niños son de diferentes idades, case todos van ó colexio xuntos, algúns son galegos e outros non, pero todos se levan ben. Dentro da organización todos saben a onde ir, nin unha palabra está máis alta que outra, ningunha rifa entre os nenos, todos son obedientes e saben que teñen que estudar. Os rapaces non son os únicos que estudan, tamén estudan os maiores. Teñen clases de castelán, de lectura, de informática e de labores do fogar entre outros. A maioría falan correctamente castelán, saben que se non saben falalo, non poderán traballar. Equus Zebra creou estes espazos de estudo para os inmigrantes, para crear un ambiente de estudo adecuado no que os inmigrantes non son xulgados, nin clasificados, nin presionados para que aprendan as tarefas asignadas. Sen estes espazos estas persoas estarían presionadas pola sociedade a aprender da nada e sen os materiais que se precisan. Estes estudos e obradoiros son a columna vertebral da integración que fomenta Equus Zebra. Nestes espazos pode participar calquera que poida aportar algo sexa inmigrante ou non, pobre ou rico, maior ou pequeno. Dá igual quen sexas, porque de feito isto é a integración: facer que alguén forme parte dun todo.

Outros dos servizos destinados á integración social que se promoven dende a organización son o acompañamento cun voluntario da organización para que o inmigrante coñeza A Coruña, información e asesoramento xurídico e legal da man da avogada Marta Recalde, asesoramento laboral, e asesoramento psicolóxico por parte da psicóloga María Piensos.

912088_10151363354632038_161090624_n

Equus Zebra estableceu unhas normas básicas para a integración e convivencia dentro da organización. A primeira das regras é fundamental, segundo explicou Alba, coordinadora do proxecto Agra Integra de Equus Zebra e Intervida: “on pode haber unha voz por riba doutra”. É importante crear un ambiente de igualdade e colectividade para comprender a convivencia.

Nunha entrevista publicada por Compostimes o presidente de Equus Zebra, Victor Omgba, concluía que España nunca vai integrar ós inmigrantes e explicaba o termo racismo intelixente “El racismo inteligente es una forma de racismo en la que se dice: Podemos admitir a los negros dentro de la sociedad, podemos convivir con los inmigrantes, pero no podemos admitir que jamás triunfen”.

Estas palabras foron reforzadas polas de Aloune, un senegalés que contou a súa experiencia dende a súa chegada a Galicia en pateira dende África. Cando lle preguntamos a Aloune se cría que formaba parte de Galicia él respostou dubidoso que si, mais que o seu fogar tamén era Senegal. Segundo Aloune, sempre os houbo e os haberá prexuízos contra os negros. Sempre sinte que a xente lle mira e afirma ata a veces as rapazas asústanse, mais non entende o porqué. Aloune exclamaba indignado: “¿qué diferencia hay entre un negro y un blanco? A ver, dime. Los dos bailamos, hablamos, comemos, caminamos, dormimos, reímos, comemos, cagamos igual. ¿O no?”

Certamente, a experiencia de Aloune e a súa visión da problemática social abriume os ollos. En España existe racismo, aínda que os españois non queiramos recoñecelo. Os diferentes estereotipos que temos das demais razas e culturas son a proba deste racismo (intelixente ou non). Ata que chegue o día no que os doutra raza ou cultura non se sintan diferentes, seguirá habendo racismo en España.