Olímpicos: “Unha densidade de estilos e sentimento abraiante”

Fai un tempo escoitei falar dun grupo compostelán que facía un rap ben distinto do que se escoitaba por aquí. Olímpicos chamábanse; os catro rapaces que o compuñan: Lucho, Fabio, Edu e David. En pouco máis dun ano de vida pariron o seu primeiro disco, Caronte, e van camiño do segundo. Agora son as 8 da tarde e reúnome con eles na rúa de Casas Novas, onde se atopa o seu lugar de traballo: o Jerico Studio. Subimos ao ático e acomodámonos. Prendemos os cigarros e a conversa comeza a fluír.

Que son Olímpicos?

EDU: Olímpicos é unha formación de rap de Santiago de Compostela formada por David, Fabio, Edu e Lucho. Somos 4 mc’s que estamos tanteando produtores, colaboramos con algúns dj’s no momento de dar directos. Caracterizámonos por un rap moi lírico, moi persoal e introspectivo. Usamos una rima bastante técnica pero que sempre se centra no que se pretende dicir.

Como nacen?

D: Nace de Kaos Impera, basicamente, que era un grupo que tiñamos Eduardo e máis eu. Gravábamos aquí, non co micro que estás a ver, senón con algo moito máis palero. Sacamos unha maquetiña e temos varios proxectos por aí perdidos, pero bueno, como apareceren Lucho e Fabio, que os foi traendo Edu, que me dixo: “Teño que traerche xente que rapea que flipas. Vaiche molar”. E chegaron eles; naceu Olímpicos.

Fabio

Fabio (Foto: Olímpicos)

 De onde sacachedes a Lucho e Fabio?

D: De debaixo dunha ponte (risas).

FABIO: Máis ou menos (risas) Non, que va, en realidade somos todos máis ou menos coñecidos, crecemos todos no Pío XII. Os catro somos xente que levaban facendo rap bastante tempo,cada una ca súa movida, escribiamos e tal, pero eles xa levaban tempo con todo ben canalizado e o traballo estruturado.

LUCHO: Eu coñecía a Edu, eramos veciños e rapeabamos de cando en vez. Pouco tempo despois volvémonos atopar e díxome que viñese a probar.

Como vos afectaron as súas incorporacións?

D: A nós iso axudounos a crecer e a eles a tomar un ritmo de traballo que antes non tiñan. O feito de xuntarnos os catro deunos a oportunidade de ver as cousas máis claras, é dicir, vamos a facer algo en serio a partir de agora. E vimos que valía a pena.

David

David (Foto: Olímpicos)

A que ven o nome do grupo?

D: Olímpicos sae dunha chorrada como pode ser que Fabio chegou aquí e chameino Faviolín. Mesturei o nome de Fabio con violín. Entón o “olín” quedouse en Olímpicos. Porque en realidade o rap é iso: son mellor ca ti. E que hai mellor que un deus?

 E o do disco?

D: É unha historia da que non vou desvelar o final. Os Deuses Olímpicos teñen o seu homónimo nos planetas, así que nos usamos esa conexión, por parvadas, por borracheiras e por fumar desas movidas (risas). Eu son Neptuno, el é Hades (Edu), el Zeus, porque é o mellor (Fabio) e despois esta Cronos, que comía aos seus fillos, que é Lucho. O rollo é que eses deuses teñen o seu correspondentes en planetas e estes teñen asteroides. Caronte é o primeiro asteroide de Plutón, despois ven Nereida, outro dos asteroides, e que o colgamos fai pouco un adianto do que vai a ser disco homónimo. Despois ven Zeus e logo… o final desa historia que eu teño planeada, porque estes pasan de min (risas)

Lucho

Lucho (Foto: Olímpicos)

É raro ver tantas referencias ao clásico no rap.

F: Penso que agora que hai tanta xente facendo rap e tamén escoitándoo, atópaste con que xa hai moito feito e escoitado, polo que hai que dar algo máis nesta corrente artística. De feito está pasando coa fusión con instrumentos e outros estilos que eu vexo como unha evolución da forma de facer rap dunha xente que quere dar máis.

Definídeme nunha frase o voso estilo.

D: Matices.

 E: Rap polifacético.

 F: Unha densidade de estilos e sentimento abraiante.

De que falan as vosas letras?

E: Falamos moito do ser humano como persoa que ten que quitarse os velos das tecnoloxías e o mercado coas presións ás que somete. Ti como tamén as vives e as padeces sempre vas a ser un hipócrita, entón, partindo desa hipocrisía eu falo da verdade. É unha mestura entre a temática e a forma de facer as cousas: unha metalinguaxe.

 Existe unha liña temática concreta?

E: Vaise xerando a propia temática. Polo que un di, o outro recibe, escribe, e entón formase un ciclo que ao final coincide. Non fai falta estruturar a dinámica, senón que a dinámica estruturase polo que intentamos plasmar cada un e en conxunto cos demais.

D: O exemplo é que no rap sempre hai a mítica de que pois eu teño un grupo con Edu e ven Fabio e faise unha colaboración, un “feat”. O rollo é que Fabio chegou aquí, soltou o seu cacho e dixémoslle “tío, quédate”, Lucho chegou e dixémoslle “tío, quédate”. Non é a mesma temática pero ves as cousas dende un punto de vista que outra xente non ve. Ou polo menos polo que a min me parece.

Edu

Edu (Foto: Olímpicos)

Tiñades unha idea en común á hora de facer o disco, unha mensaxe que transmitir?

L: Tiñamos cousas en común, pero creo que tamén influíu aquela vez que creamos un estribillo para unha canción. Iso motivou algunhas ideas.

Explicádenos como traballades

F: Procuramos quedar o máis posible, aínda que a verdade vai un pouco por ratos. . Vernos con regularidade aínda que unhas veces quedamos máis, outras menos, pero case todos os fins de semana, e senón cando se pode. Entón o que vamos facendo é ir escribindo cada un para aquí nas quedadas poñelo en común. E aí saen os temas. A verdade é que aínda que se acorden certas temáticas para facer unha canción, moitas outras veces xorde unha simbiose que non sabemos moi ben de onde ven pero que sentimos cousas parecidas ou polo estilo e conectamos moi ben. Entón, iso, aínda hai moitas horas de traballo, tamén o facilita.

 Que significa o rap para vós?

F: Para min é unha vía de evasión por un lado e de enriquecemento polo outro, quero dicir, eu se non fago rap o noto como persoa. Dende que o probei, dende que empecei a escribir e a liberarme un pouco por aí e a contar as cousas que tiña dentro, as temporadas que estiven sen facelo noteino moito porque é unha cousa que me estabiliza, que me regula e ademais é algo que me gusta moitísimo facer. Sen dúbida o colocaría entre unha das cousas máis importantes da miña vida, porque é algo que me complementa como persoa.

 D: Aí é no que estamos todos de acordo. Todos temos a nosa mentalidade sobre o rap pero ese rollo que di de que vai con nós. Eu non escribo por obrigación. Edu pode escribirse catro letras en tres días e non é por obrigación, faino porque lle sae dos huevos e ten que facelo porque o necesita soltar. Sempre foi a forma de expresarse da rúa.

E: Na nosa cultura, no noso país, en Galicia, é unha forma de expresión, lisa e suavemente. Unha forma de expresarse dende a intranquilidade de un mesmo, se non es fiel ao que son as túas intranquilidades nunca vas a ser fiel ao que para ti é o rap. É simplemente a forma, o xarrón, non?. Ao fin e ao cabo, moldeas barro, e o importante é o barro, non o xarrón do final. Entón se es fiel ás túas inquietudes, o que vas a reflectir vai ser fiel. Entón o rap é unha imaxe dun mesmo desa forma.

 L: Un medio de expresión, sobre todo de compartir. A min o rap enganchoume porque me daba a impresión de que compartía comigo un montón de cousas. Gustoume e comecei a facelo eu, e cando comecei vin que me gustaba bastante, pero ten moitos inconvenientes en forma de que hai algún que outro altibaixo pero dáme algo que outra cousas non me dan, entón enganchoume.

 Que inconvenientes pode ter?

L: Átate a seguir. É como unha droga que che pide seguir porque estache cundindo demasiado. Estache dando tanto que tes que seguir. Diso deriva que non podes abrirte a outras cousas. Outras músicas parécenche incompletas.

 F: É certo. Eu considérome en certa maneira un inculto musicalmente, porque son tantos anos adicados ao rap e escoitando rap que aí si que priva un pouco de atender a outros estilos de música, o que non quita que non nos molen outras formas. E despois o afán creador de calquera artista pois é un pouco iso, que che esixe que sempre o teñas aí ou que as veces sintas que queres escribir e que non saen as cousas como tes planeado. As veces pode haber ese sentimento.

Durante un momento da entrevista

Durante un momento da entrevista (Foto: Álvaro Romero)

Hai poesía no rap?

D: Teño que dicir solemnemente que no noso si, e noutros grupos tamén. Hai un montón de xente que nin coñecemos e deben de estar facendo cousas incribles e moi poéticas. Hai outras cousas que non. Non podes dicir que todo o rap é poesía.

F: Mais alá de que haxa poesía no rap, eu vexo a poesía actual aquí, no rap. É dicir, hai xente que seque lendo poesía, hai poetas da nosa época que son bos e tal, pero bueno, o sentimento iso que comparten todos e case o que máis chega a difundir en todo o mundo é a que hai no rap.

 Entón, cal sería a súa función social ?

D: Case a maior parte do ámbito musical que coñecemos nese rollo do social está o rap incrustado e non o podes sacar de aí porque máis que nada naceu por iso, polas preocupacións sociais da época.

E: Ben aplicada como intervención educativa é unha ferramenta de achega aos xoves pero que moi importante, porque é forma de expresión que eles máis coñecen.

Por exemplo, crees que Kase-O pode ter a mesma función que tivo Neruda como poeta?

F: En certo modo. No compromiso político sen dúbida, porque é unha música de denuncia. Hai moitísima xente que se sinte identificada co que di nas súas letras. É unha forma de canalizar a poesía fantástica.

Do feito de elixir o idioma no que rapear, que opinades?

E: A quen lle inflúa, creo que lle falta o criterio para valorar que o importante é o que se quere expresar

F: Eu nese sentido si que vexo que ten importancia. Nos rapeamos en castelán porque é a nosa lingua materna e a hora de escribir é o idioma co que mellor nos levamos. Pero despois si que é moi importante facer rap en galego. Temos algunha cousa por aí e interésanos facelo precisamente por iso, porque é unha lingua que utilizamos moito e hai que levala tamén ao rap. Tamén hai que ter en conta que hai moitas mentes “enciernes” que están escoitando rap agora e teñen que ver que isto tamén se fai en galego e seguir en contacto co idioma. Para min si que reflexa compromiso. Pero despois, o feito de que algúns grupos rapeen en galego e outros en castelán, penso que na súa maioría depende da lingua materna de cada un.

Hai unha opinión bastante expandida que infravalora ao rap por non ter moito compoñente instrumental. Que vos parece iso?

D: A ver o rap e repetitivo “pum – pa” e xa, Pero eu cágome na xente que pensa iso. Creo que se ti sabes apreciar algo e ser crítico, non podes dicir que o rap é moito máis fácil que o rock e viceversa.

 F: Evidentemente, se ti escoitas rap non é o mesmo que se escoitas rock, non estas buscando o mesmo, como sentimento global igual si. É que o rap é máis simple no sentido de que hai menos instrumentos, pero se ti escoitas rap non estás buscando tanto nos instrumentos senón que estás moito máis pendente dos contidos, das letras.

 O panorama do rap no Estado español.

E: Moita xente que estivo moi arriba e que logo baixou o nivel, hai xente que se mantén no seu nivel de maneira moi fiel e logo hai multitude de xente moi boa pero que está loitando por un pé da casa.

 F: Hai como unha escena na que estaría o que comeza a ser xa a vella escola: Violadores de Verso, Hablando en Plata, Siete Notas, Tote King, Shotta, etcétera. Despois hai xente que estase dando a coñecer agora, como poden ser Urano Players, Chirie Vegas e esta xente que son bastante coñecidos. E deposi está un pouco o que se lle chama moitas veces neste ámbito o underground, que son xente que non está na escena e poucos saben deles pero que se desenvolven de puta madre.

 E en Galicia como o vedes?

E: Pola miña experiencia, quédome con tres mc’s que foron Actos Urbanos, Calvo e Sera. Agora mesmo sería Erin o que máis se está movendo. Erin sobre todo, e creo que creo moita escola 504. En Santiago partírona e foron un punto de inflexión. Ámbito Kinito tamén foron importantes.

 Se vos digo Malandrómeda, que vos suxire?

F: Coñecino a partir dun directo. Non escoitara nada antes e a verdade é que me impresionou bastante, no sentido positivo. Ves ao mc que é bastante cativo naquel escenario tan grande e case se lle quedaba pequeno. Ten un directo espectacular. Ponse a saltar alí no escenario dunha maneira brutal… Ademais nas producións hai estilos moi distintos, nas letras fala moito do que hai aquí (Santiago) e está moi contextualizado, moi ameno, ademais. Moi divertido.

 Violadores del Verso

E: Referente clave na música rap española.

 D: Sen dubida algunha, nin polo que din, nin polo que fan, nin polos “flows”, nin por nada. Senón porque dende o 1993 traballaron como porcos ata chegar a onde están agora.

 Kase-O Jazz Magnetism:

F: No directo da Festa do Queixo en Arzúa había xente de toas as xeracións vendo o concerto. O de meter máis instrumentos é algo que pode romper moitas barreiras e vai facilitar que chegue a moita máis xente. Moitas forzas que conflúen.

D: O disco é un pepino. A min fliparonme case todas as cancións. Dende a miña opinión pecou un pouco de elixir mal as cancións e non meter máis temas novos podendo aproveitar ese repertorio que ten.

 Rapsusklei:

D: Pódeche gustar ou non. Pero non podes dicirlle nada porque o tío sacouse case 30 discos.

Dios Ke Te Crew:

D: Maila nai que te pariu (risas). Na escena galega é un dos máis grandes referentes que hai, pola súa dedicación e por ser fieis ademais ao rollo de rapear en galego. As primeiras veces que os escoitei pensaba que así non ían a chegar a moita xente, porque se rapeas en galego pechas o circulo á xente que non sabe galego. Agora sei que non, penso que son alguén a seguir e a admirar. Mobilízanse para facer algo polo rap de Galicia e nótase.

Hablando en plata:

F: Os tres son xente que segue dando a talla, que se preocupa por manter o nivel.

Alfaomega:

D: A min flípame. Se tivese que elixir o meu preferido sería ese. Paréceme xa non un rapeiro, senón un artista total. Está pillado.

 Lechowsky:

E: Tecnicamente paréceme moi bo, pero tampouco é que me guste demasiado.

 Sicario:

L: Moi directo, moi real e moi verdadeiro. O que di lévao ata un límite que a min chégame a dar medo, respecto.

 E: Sabe como darche a “colleja”. Ten unha sabedoría un tanto popular, tan lóxica que nunca a pensaches.

Mucho Múchacho:

F: É un tipo moi peculiar. Non mete tanto contido; nese aspecto é un rollo oposto ao noso. Os seus “flows” son moi simples, pero a min o que me chama a atención del é que é un tío moi real. El mesmo o di nas súas cancións. E despois esa faceta súa de representar tanto que ao principio foi un pouco tachado de chulo e botando un pouco por fora, resulta que vas vendo como esas cousas que en principio eran plans se van facendo realidade. Vas vendo o seu proxecto de vida ao longo das súas cancións e iso mola moito a verdade.

 E: O máis cercán ao que é o rap orixinal, o americano. É o máis fiel a iso.

 Porta:

D: Cada un fai o seu e xa está. Non me gusta criticar. Alá ti e a que prezo queres vender a túa alma.

 De existir un rapeiro perfecto, como sería?

L: Como nos (risas)

F: Pois algo parecido. A min o que máis me gusta é o que fai esta xente (David, Lucho e Edu). Ademais diso é importante que sexa un tipo cunha boa posta en escena, que sexa traballador e fiel consigo mesmo. A partir de aí non hai ningún perfil persoal concreto.

Cabina de gravación

Cabina de gravación (Foto: Álvaro Romero)

Falemos do voso futuro. Que proxectos inmediatos tedes?

E: Participar no Revolución Rap que é un proxecto que leva a cabo a Asociación de Vite e ven a consistir en versionar temas de cantautores como Victor Jara e xente dese tipo para convertelos en cancións de rap. Tamén planean dende aí un documental. E logo xa o que pretendemos é comezar a dar concertos con regularidade e comezar a sacar máis material para comezar a darllo á xente. Iso é básico.

 Tedes xa concretada algunha idea para unha nova maqueta?

D: Chamarase Nereida e é moito máis suave, por así dicilo. Como máis entrándonos en nós mesmos, e non un estilo máis de competición como pode ser o hardcore. Aprender un pouco de como escribes ti, coñecerte a ti mesmo, é un pouco o que hai en Nereida. Temos moito material que está por saír que é como un feto: se o matas, condénante (risas).

Despídome deles e deséxolles sorte. A vós, lectores, espero que vos aproveite.

(Fotografía de portada: Álvaro Romero)