Oscar 2013: a red carpet

Aínda que se fixo ben de rogar, xa está aquí o artigo de ComposTimes da “Red carpet” dos Oscar deste ano 2013.

Antes de nada, creo que teño o deber de poñer en claro cales son os meus prexuízos, para que nesta, chamémoslle, crítica que vou facer saibades de que pé coxeo e comprendades por que determinados “looks” non me entran polo ollo… Non son moi amante dos escotazos de infarto, dos volantes, do raso nin das transparencias, pero á parte diso, creo que podo ser bastante obxectiva… 😉

Espero sacarvos polo menos un sorriso! Adiante!

Como non podía ser doutro xeito, comezamos o noso repaso polos vestidos das “celebs” asistentes coa oscarizada Jennifer Lawrence, que loce un deseño de Dior Haute Couture. Semella que esta muller xa sabía que lle ían dar o premio e para tal circunstancia elixiu a indumentaria… Non me digades que non está impresionante! Parece un pastel!

1 jennifer lawrence eldiario24.com

www.eldiario24.com

Nesta imaxe, tomada no momento da súa caída (que por certo, unha instantánea moi fermosa…) apréciase ben a cola do vestido… Pouco menos que feito de nata.

2 jennifer-lawrence-cae bekia.es

www.bekia.es

A continuación falamos da tamén galardoada Anne Hathaway cun Prada que xerou abondosa controversia, se ben debo admitir que a min paréceme perfecto, atópoa única.

3 anne-hathaway marie-claire.es

www.marie-claire.es

Jessica Chastain, de Armani Privé, antóllaseme unha musa, un vestido ideal, que combina á perfección co seu ton de pel e pelo, e un peiteado idóneo.

4 jessica chastain que.es.jpeg

www.que.es

Amy Adams, de Oscar de la Renta, sementou moito éxito, e se ben a min non me apaixona, recoñezo que está moi guapa.

5 amy-adams blogs.thenational.ae.jpegç

www.blogs.thenational.ae

Amanda Seyfried, de Alexander McQueen, semella un anxo, aínda que atopo o deseño pouco innovador. De todos os xeitos, dámola por aprobada con nota! Non?

6 amanda seyfried hollywire.com

www.hollywire.com

Charlize Theron foi unha das máis gabadas na gala por este vestido de Dior Haute Couture, cun peplum discreto (aquí non se aprecia, pero ten pedrería moi miudiña) e un escote sinxelo. O corte de pelo e as xoias, no cravo. Para min, un dez.

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Kerry Washington elixiu este impresionante Miu Miu. Deliciosa, aínda que o pelo e os complementos non sei se acaban de convencerme.

9 kerry-washington-Miu-Miu fashionbombdaily.com

www.fashionbombdaily.com

Naomi Watts, na súa liña entre minimalista e astronauta escolleu este vestido de Armani Privé que debo dicir que me gusta bastante.

10 naomi watts company.co.uk

www.company.co.uk

Meryl Streep é unha dama. E sempre o deixa ben claro. Moi no seu estilo, manga e saia longa e escote prudente.

11 meryl_streep cinemania.es

www.cinemania.es

Vemos nesta imaxe a Sally Field enfundada nun Valentino. Independentemente da beleza, indiscutible, do vestido, creo que a actriz erra posto que acentúa o ancho da súa espalda e réstalle esvelteza á súa figura, un vestido con menos tea no tórax teríalle favorecido máis (debo dicirvos que esta elección foi todo un éxito entre as revistas de moda afamadas).

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

A proposta de Halle Berry, Versace, foi bastante mal acollida, se ben a min paréceme que está fabulosa e que o vestido parece feito para ela (aínda que o detalle de que asomen as ombreiras por debaixo do vestido é bastante menos espectacular…).

14 halle berry za.omg.yahoo.com

www.za.omg.yahoo.com

Kirsten Stewart… Eu síntoo moito, pero non podo con esta muller, nesta ocasión vestida de Reem Acra, para min segue na súa liña “hortera” e farrapeira… Mirádelle o pelo! Ata parece sucio!

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Jennifer Garner, de Gucci, foi unha das máis aclamadas da velada… E aínda que por diante a atopo divina… Por detrás paréceme unha escarola.

16 garner marie-claire.es

www.marie-claire.es

Jennifer Aniston, de Valentino, é tan “sosaina” que poña o que poña nunca me chama a atención…

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Á pobre Nicole Kidman parece que lle botaron un barreño de alquitrán por enriba. Levaba un deseño de L Wren Scott.

18 nicole-kidman ibtimes.com

www.ibtimes.com

Salma Hayek, sinceramente, paréceme que está sublime, de “WOW” (guau na miña terra). Este vestido de Alexander McQueen foi feito pensando nela no bar Coyote. Combina á perfección a sensualidade coa elegancia. Outro dez.

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Sandra Bullock, que non sabe como levar un Elie Saab (debería preguntarlle a Keira Knightley). O vestido é precioso, pero eu non sei que fai esta muller que o esnaquiza. Por outra banda, o sonotone ese que leva sobra, os reflexos caoba no cabelo, máis aínda, por non falar do bolso con cadea para poñer colgado tipo “moranco”.

21 sandra bullock www.constancezahn.com

www.constancezahn.com

Reese Witherspoon, cun Louis Vuitton que lle elixiu a súa filla… O que se fai por contentar aos nenos.

22 reese-witherspoon marie-claire.es

www.marie-claire.es

Helen  Hunt, impresionante, e o mellor é que cun vestido de H&M. As xoias xa son algo máis caras…

23 helen hunt uk.lifestyle.yahoo.com

www.uk.lifestyle.yahoo.com

Renée Zellwegger… De Carolina Herrera. Fraco favor lle fixo. Esta mestura entre traxe de baño de “Vigilantes de la playa” e burbulla Freixenet non hai por onde collela.

24 renee-zellwegger stylefrizz.com

www.stylefrizz.com

Samantha Barks, de “Les Miserables” está sublime neste Valentino negro. E iso que eu non son moi partidaria dos escotazos… Pero creo que é unha elección milimétrica, vestido, xoia e peiteado.

25 samantha-barks-valentino nydailynews.com

www.nydailynews.com

Octavia Spencer está perfecta neste Tadashi Shoji. A cor vai perfecta coa súa pel, o corte moi favorecedor, e peiteado e complementos moi acertados.

26 octavia-spencer- marie-claire.es

www.marie-claire.es

Catherine Zeta Jones, de Zuhair Mohair… Moi na súa liña, aínda que creo que vai sendo hora de dar un xiro aos seus “looks red carpet”, anticuado.

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Jane Fonda, cun deseño de Atelier Versace. Aínda que me encanta que elixira cores vivas… A combinación “brilli-brilli” con amarelo fai que pareza un vestido de ximnasia rítmica mercado nos “chinos” vido a máis.

28 jane fonda perezhilton.com

www.perezhilton.com

Adele, moi “lady”, coma sempre, nada que obxectar, guapa e elegante neste Jenny Packham de 15 quilos.

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Aínda que os nosos amigos do Fahion Telegraph lle dan un “hit” a Fan Bing Bing con este modelo de Marchesa, a min non me gusta nada de nada. Que pensades vós?

30 fan bingbing marchesa fashiontelegraph.co.uk.jepg

www.fahiontelegraph.co.uk

A actriz de “El lado bueno de las cosas”, Jacki Weaver, loce este Rani Zakhem… En fin, entre a maquillaxe e o vestido, parece unha simbiose entre o Joker e Úrsula a da Sirenita.

31 jacki-weaver-rani-zakhem nydailynews.com

www.nydailynews.com

Helena Bonham Carter, moi discreta, coma sempre, aínda que non estaría mal que lle tiveran rematado de coser este Vivienne Westwood.

32 helena bonham carter nydailynews.com

www.nydailynews.com

De verdade que me gustaría darlle o “OK” a Zoe Saldana con este Alexis Mabille Couture, pero non podo facelo mentres siga vendo ese lazo e ese cinto arredor dela.

85th Annual Academy Awards - People Magazine Arrivals

www.marie-claire.es

ISTO si que é saber levar un Elie Saab. Alicia Vikander, da película “Anna Karenina”.

35 Alicia-Vikander-elie saab torontoisfashion.com

www.torontoisfashion.com

Kelly Osbourne, enfundada nun Tony Ward Couture. Pois que queredes que vos diga, a min paréceme Buzz Lightyear disfrazado de tarántula.

36 kelly-osbourne- reveal.co.uk

www.reveal.co.ukc

A “chica Bond” Naomie Harries, de Michael Badger… Guapa, pero demasiado “clasicota” para o meu gusto.

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Paz Vega… Que lle fixeches a este Stephane Roland? Creo que é un vestidazo: orixinal, elegante e fino. E vai esta muller e ponlle un peiteado de vella na misa do domingo e uns tacóns ao “Star Trek”.

38 paz-vega lavozlibre.com

www.lavozlibre.com

Jennifer Hudson, cun Roberto Cavalli. Aínda que foi bastante aclamada, a min paréceme que vai excesiva… E perdón, pero a min miña nai unha vez explicoume que aínda que dúas prendas sexan da mesma cor, non teñen por que combinar… O azul do vestido e o dos zapatos… Mátanse!

85th Annual Academy Awards - Arrivals

www.marie-claire.es

Brandi Glanville, nun vestido que ela mesma axudou a deseñar… Algo non funciona… Non?

41 brandi-glanville nydailynews.com

www.nydailynews.com

Non vou ser eu quen poña en dúbida o fantástica que está Heidi Klum, pero de aí a facer bandeira do “despiporre” hai unha distancia… Este Julien Macdonald resulta excesivo, e iso que non vedes as transparencias color visón das costas…

21st Annual Elton John AIDS Foundation Academy Awards Viewing Party - Inside

www.huffingtonpost.com

E por último, a moda rapeira chegou aos Oscar da man de Olivia Munn neste Marchesa caído nas cachas.

43 olivia-munn-marchesa nydailynews.com

www.nydailynews.com

Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Gústanvos os “looks” das “celebrities” dos Oscar 2013?

Ata a próxima!