Odio eterno ao fútbol moderno

Con este lema por bandeira, os siareiros do Lugo protestan ante un proceso de conversión que se presenta imprescindible para manter a categoría, a conversión do club en Sociedade Anónima Deportiva. Este procedemento ven regulado polo Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo, que versa sobre a obriga de converterse en S.A.D. todas aquelas sociedades que participen nas competicións que a Lei 10/1990 do Deporte considera como profesionais, é dicir, as encadradas na Primeira e a Segunda División de fútbol, e as da ACB de Baloncesto.

A finais do pasado mes chegaba ás oficinas do club un burofax por parte do Consello Superior de Deportes no que se informaba de que o Capital Social requirido para levar a cabo a conversión en S.A.D. ascendía aos 3.015.000€. Coñecida a noticia, as reaccións por parte dos membros da directiva e dos afeccionados non deixaron de sucederse. Carlos Mouriz, director deportivo, aceptaba con resignación a decisión acatada polas altas instancias, “es un momento complicado para tratar de cubrirlo pero hay que mirar al frente y trabajar para cumplir con eso como tratamos de cumplir en el campo”. Sinalaba ademais que “para un club como el nuestro, sin deuda de ningún tipo, hacer frente a esa cantidad es muy difícil”.

Precisamente este aspecto é o que maior indignación provoca na afección local. Unha das claves do éxito do Lugo e da súa progresión ascendente nestes últimos anos foi, sen dúbida, a boa xestión económica, e o feito de ter saneadas as súas contas, aspecto que comeza a converterse nunha excepción, nun momento no que a maioría dos clubs acumulan débedas escandalosas. Agora, a afección e o equipo deberán loitar xuntos para que as institucións non lle quiten ao Lugo o que gañou por méritos no terreo de xogo.

O prazo fixado para reunir o capital abarca ata o 30 de xuño, e se non se acada a cifra mencionada, o club perdería a categoría. Como apuntaba Mouriz, “podría darse la incongruencia de que el club se mantuviera en la categoría sin deudas con Hacienda, Seguridad Social y proveedores o jugadores durante los últimos nueve años y no esté en la LFP por no cubrir ese capital social. En cambio, clubes que están hasta el cuello disfrutan de todas las prebendas. Apoyo institucional”

As accións sairán a venda proximamente a un prezo de 10€ . O obxectivo do Lugo é que a maior parte posible do club se quede en mans dos socios. Na primeira fase, estes poderán adquirir un máximo de 77 accións. Na segunda fase, tamén só para socios, poderanse comprar as que queden sen vender da primeira. E na terceira fase, a venta será libre, poderanas comprar institucións, empresas ou particulares que non sexan socios.

Outros apoios

As redes sociais tamén se fixeron eco desta noticia. En Twitter, mediante o hashtag #CDLugoSAD, centenares de persoas mostraron o seu apoio a un dos equipos revelación da segunda división. Estes son algúns dos mellores tweets:

“Lo que nos hemos ganado a pulso, futbolísticamente no podemos permitir que nos lo quiten por el dinero… #CDLugoSAD

#CDLugoSAD Hemos llegado hasta aquí con mucho esfuerzo, ¡no podemos rendirnos ahora!”

“Lo que se gana en el campo no se nos puede quitar por dinero y menos sin deuda alguna #CDLugoSAD

“A nivel deportivo está más que demostrado que podemos ser de segunda. Que esto no nos quite el sueño. #CDLugoSAD

“Para que lo que se tardó 20 años en conseguir en el campo no lo destruyan los despachos. #CDLugoSAD

 “Animo Lugo, q no os quiten por culpa del dinero lo q os estáis ganando día a día en el campo, espero q consigáis lo q necesitáis #CDLugoSAD

Parece que ate o mesmísimo Pau Gasol se involucrará na causa do Lugo. No mercado invernal o club sondou a súa fichaxe, tras saír a luz pública unha foto súa con unha bufanda do Lugo.

A9rApCzCUAEmE7m

Con este motivo, todos os xogadores fixéronlle chegar unha camiseta firmada, aínda que finalmente optou por seguir nos Lakers, polo menos ata final de temporada. Estas eran a súas palabras en Twitter:

Pau Gasol ‏@paugasol

“Ser delantero del #Lugo ?? Seguro que metía todas de cabeza!! Aunque ahora con la conmoción no sería lo mejor:) Gracias por vuestro regalo!”

BArlK8CCEAA4wYw

Un dos últimos apoios que recibiu o equipo foi o do artista cómico-musical Cañita Brava, que se achegou a un adestramento da man do programa Vaia V de V Televisión, para desexarlle o mellor aos pupilos de Setién.

E é que o Lugo levanta paixóns aló por onde vai. Cun dos presupostos máis humildes da LFP, cun estadio con capacidade para tan só uns 5.000 afeccionados, e cunhas instalacións rudimentarias -campos de adestramento de herba artificial-, namora co seu fútbol de toque, que algúns comparan co do Barcelona, e cunha afección exemplar que apoia ao equipo nas boas e nas malas.

Por iso agora e máis que nunca, ¡Forza Lugo! #CDLugoSAD