Los restos del día

Kazuo Ishiguro (Nagasaki, 1954 - ) Foto: es.paperblog.com

Kazuo Ishiguro
Foto: es.paperblog.com


Kazuo Ishiguro ocupa hoxe, por méritos, un lugar privilexiado na narrativa británica ao ser considerado un dos grandes compositores da novela psicolóxica contemporánea, sobre a que gusta de aplicar contextos bélicos para dar maior transcendencia aos dramas nos que somerxe aos seus personaxes. Inglés de sempre, pero xaponés de berce, este mestre recibe importantes premios por parte da crítica en cada obra que pública, tantos que a súa obra atópase traducida a case 30 idiomas.

“Los restos del día”, publicada entre eloxios e aplausos no 1898, tamén foi levada á gran pantalla con igual recepción polo director estadounidense James Ivory baixo o nome “Lo que queda del día”, e contando coas maxistrais interpretacións dos protagonistas, Anthony Hopkins e Emma Thompson.

Stevens é o mordomo de Darlington Hall, unha mansión situada preto da rexión inglesa de Oxford. O edificio foi habitado durante máis de trinta anos polo cabaleiro inglés lord Darlington, pero agora, no 1956, a mansión está en mans do millonario estadounidense mister Farraday, que segue a contar cos servizos do sumiso mister Stevens. O novo amo, concédelle unha semana de vacacións ao mordomo, na que este decide percorrer en coche parte de Inglaterra, de Salisbury a Wuymouth, para visitar a miss Kenton, a antiga ama de chaves de Darlington Hall, da que recibe triste correspondencias.

Durante o tempo que dura a viaxe, Stevens describe con incrible lucidez as verdes paisaxes británicas e os negros recordos do seu antigo amo, aínda que para el son máis ben inmaculados. Mediante o uso da técnica do flash-back, o narrador non é capaz -nin tampouco quere- de esquecer aqueles tempos nos que lord Darlington significábao todo para el; era, simplemente, a súa razón de ser.

Por aqueles días, na mansión do lord decidíanse importantes asuntos sobre a política exterior de Inglaterra. Pola mansión pasaban eminencias como Winston Churchill ou G.B. Shaw; pero tamén ministros nazis e fascistas, dado que o auténtico obxectivo do amo de Stevens é implantar esas doutrinas no seu Estado. Mentres tanto, o noso mordomo considera estes feitos como un manifestación da dignidade do seu amo, detractor das inxustizas do Tratado de Versalles.

A dignidade o amor son aquí os eixos temáticos, tratados ambos desde prismas bastante orixinais. En resumidas contas, para Stevens a dignidade non é outra cousa que ser leal, servizal e obediente ao seu amo, antepoñer sempre o traballo aos e “non espirse en público”. Nesta novela o amor é cego. Pero cego porque Stevens non é capaz de ver as mil e unha posibilidades de amar e ser amado que miss Kenton lle ofrece.

Ao final, nos restos do día, o protagonista logra atopar o punto para unha profunda reflexión sobre o seu pasado e os erros que puido cometer. Reflexión interesante cuxa interpretación vos invito a coñecer nesta novela sen desperdicio.

“En realidad, ¿qué sentido tiene estar siempre especulando sobre lo que habría pasado si tal situación o tal otra hubiesen terminado de forma diferente? Acabaría uno loco. En cualquier caso, aunque me parece muy bien decir que hubo momentos trascendentales, sólo es posible reconocerlos al considerar el pasado. Evidentemente, cuando ahora pienso en aquellas situaciones, es cierto que me parecen momentos cruciales o únicos en mi vida; sin embargo, mi impresión mientras sucedían no era la misma. Más bien pensaba que disponía de un número ilimitado de años, meses y días para resolver las diferencias que enturbiaban mi relación con Miss Kenton, o que aún surgirían ocasiones en que podría remediar las consecuencias de algún que otro malentendido. Lo que sí es verdad es que, en aquella época, nada parecía indicar que a causa de unos incidentes tan insignificantes todas mis ilusiones acabarían frustrándose.”