Yonqui

Quen ía dicir aos aburguesados pais de William S. Burroughs, que aquel estudante de Literatura inglesa en Harvard e de Medicina en Viena que era seu fillo, pasaría a converterse nun irremediable toxicómano, á vez que no mestre por excelencia da literatura experimental norteamericana. Trotamundos errante. Coa traxedia do asasinato da súa muller cando xogaba a ser Guillerme Tell, o máis admirado beatnik entre os mesmos, refuxiase do mundo ata aos seus últimos días ao abrigo que lle dá a droga. Con isto, e por moito que lle pese a algúns, este rara avis ganaríase con méritos a inmortalidade dando de beber a Bukowski e a Irving Welsh, raspando nas feridas de Dylan e de Zappa. No 1953 e con moita timidez publica Yonqui, a súa primeira obra integra. Retrato de suburbios norteamericanos, que ambientan este pequeno tratado sobre a drogadicción e as relacións humanas. Usando un so protagonista pero moitos secundarios, o autor pode trazar todo cunha única e propia perspectiva a través dun ego que non é alter: Bill Lee, quen vive unha vida “por e para” a droga.

Este adicto aos opiáceos, culto e intelixente, percorre distintos barrios marxinais e cidades de Norteamérica para pintar un violento cadro sobre a vida. Ao longo da historia aparecen ducias de personaxes característicos deses mundos, pero tan humanos como calquera outro: o camelo bonachón, o ladrón de borrachos, o ionqui soprón, ou o chapeiro que se vende por un pico. Así, parte dos personaxes e ambientes para comezar a reflexionar sobre cuestións éticas relativas ao consumo, o tráfico de drogas e a homosexualidade.

William S. Burroughs (1914, Misuri – 1997, Kansas)

Cun estilo tan realista coma directo, empregando a xerga da droga. describe Burroughs igual de ben as imaxes producidas pola droga nos sentidos, como as provocados polos adictos na sociedade. Tamén é o autor o suficientemente intelixente como para non deixar que se lle escape a oportunidade que lle concede un tema como ese para cargar contra o estado policial estadounidense dos anos 40, a Ley Harrison e a “caza de ionquis”.

En definitiva, que Yonqui é como unha hamburguesa do McDonals: sabe ben, entra fácil e revólveche o estómago.

 

Las conversaciones tenían una exasperante insubstancialidad  eran como gotas parlantes que se derramaban sobre las sillas de tubo metálico, como agregados humanos que se desintegran en una locura cósmica, como acontecimiento aleatorios en un universo moribundo.

Llevaba ya dos meses desenganchado. Cuando se deja la droga, todo parece insulso, y se recuerda la regulación del tiempo por los pinchazos, el horror estático de la droga, el fluir de la vida hacia tu brazo tres veces al día.