Terbutalina porá música a “Yo, Gerardo”

Nos últimos meses aumentou exponencialmente o rumor  dunha película biográfica sobre Gerardo Conde Roa. Parece que o proxecto atopou un oco e a cinta comezará a rodarse nos vindeiros meses. Esperase o seu estreo  para o Nadal de 2013. O filme trasladaranos unha visión próxima, intimista e en primeira persoa de Gerardo, dende a infancia do ex-alcalde de Santiago de Compostela ata a súa dimisión en 2010.

Baixo o título “Yo, Gerardo” achégase o que se prevé coma o boom do ano nas salas españolas. A productora fala da cinta como “un auténtico reflexo da vida real do político galego” na que non se obviará ningún detalle escabroso e permitirá coñecer dunha maneira solemne e próxima a figura do membro do Partido Popular.

Confírmase tamén o traballo da Terbutalina coma creadores da BSO que complementerá o filme e que, a modo de promoción, editarase en cartucho da Super Nintendo (ou Mega Drive) un mes antes do ansiado estreo. Miguel, vocalista da banda, asegura que será unha obra complexa, dinámica e que contará con, polo menos, dúas decenas de cancións.