Outra forma de vivir o deporte

Martes de outono en Santiago. Chega a noitiña e comeza a xornada de Champions. O Barcelona e o Valencia xa están clasificados e a emoción da xornada está presente noutros encontros. De súpeto, nun piso calquera, un grupo de estudantes decide darlle picante á xornada facendo unha combinada de oito partidos nun portal calquera de apostas deportivas. O resultado: Unha multipantalla en toda a casa con oito partidos onde os resultados incertos enchen de emoción a noite, pero un gol nos últimos minutos impide sacar unha boa tallada e non quedarse simplemente co apostado inicialmente. Non pasa nada, escoitase no corredor, sempre nos quedará a quiniela.

As apostas deportivas sufriron a súa grande expansión hai relativamente poucos anos, cando pasaron do soporte físico das casas de apostas ó dixital en páxinas web. Dende entón, millóns de persoas apostan en todo o mundo sobre todo tipo de acontecementos deportivos case tódolos días do ano. Moitos poden definilas como un risco,  pero nun momento determinado e sabendo utilizalas con cautela poden converterse nun auténtico entretemento. De feito, en casos puntuais, poden chegar a xerar máis afección que o propio deporte.

Fútbol, baloncesto, tenis de mesa, motociclismo, fórmula 1….os portais de apostas na rede permiten apostar absolutamente por calquera cousa. Algunhas lóxicas, como o resultado dun partido, e outras onde o azar é absoluto, como decidir que equipo vai sacar de centro ou que equipo vai ter o primeiro saque de esquina a favor. As variables son múltiples e as estatísticas (algo que vén totalmente ao caso da temática que estamos a tratar) son a chave para aprender a apostar en tódolos ámbitos.

As apostas deportivas non son máis que un avance, neste caso a nivel futbolístico, da mítica quiniela da liga española. Un xogo de azar de Loterías e Apostas do Estado que xunto coa primitiva, a lotería ou o euromillóns converte a esta  entidade pública nunha das poucas que reportan beneficios ó Estado. A quiniela é unha auténtica tradición no noso país. Hai quen a fai ó azar, quen busca unha combinación arriscada para levar un premio grande e incluso existen numerosos grupos de afeccionados que se xuntan tódalas semanas para facer combinacións gañadoras con resultados dobres, que parecen un valor seguro, pero que non sempre o son xa que o fútbol é un deporte totalmente imprevisible.

A quiniela sufrirá cambios en 2013. O goberno aprobou este último ano un imposto que gravará os premios superiores a dous mil cincocentos euros de Loterías e Apostas do Estado no vinte por cento. Trátase dunha medida que afecta de cheo á quiniela, que ata o día de hoxe estaba totalmente exenta de pago nos seus premios, como o resto de sorteos da empresa estatal. O goberno espera recadar preto de oitocentos vinte e catro millóns de euros, pero igual esta medida afecta á participación nos xogos de apostas máis populares do noso país. Polo tanto, e se ó final baixa o número de apostantes, igual a medida resulta máis negativa que positiva para o Estado. Pero iso non o saberemos ata que teñamos datos definitivos. O que está claro é que se agora consegues unha quiniela de doce ou trece acertos xa vas ter que pasar por facenda, e o teu premio final será máis pequeno.

As apostas deportivas atraparon a vida do deporte dende hai ben tempo. De feito, moitos dos equipos máis potentes do mundo locen na súa camiseta publicidade destas casas de apostas que buscan así promoción e expansión en todo o mundo. Polo tanto, convirten o mundo do fútbol nun negocio aínda máis grande. O peor é que teñen surxido casos de amaños de partidos, onde os propios futbolistas e as súas redes de coñecidos sacan beneficios a partir da aposta dun partido no que eles participan. Esta, quizais sexa a cara negativa e un dos contratempos que poden surxir no ámbito das apostas deportivas.

O outro está claro, a adicción e a ludopatía que poden xerar dentro da sociedade. Porén, ese é un tema individual onde cada un debe controlar a súa adicción xa que no século XII o mundo está cheo de tentacións. Polo demais, as apostas deportivas na medida xusta poden ser un gran invento. Un picante que fai todavía máis saborosa esa salsa tan marabillosa como é o deporte.

Foto de portada: 123Rf