Look de fin de ano

Por fin está aquí a ineludible guía de “outfits” para fin de ano! Como poderedes imaxinar as cantidades de fotos de “celebs” e “it girls” nas diversas “red carpets” son inxentes. E a conclusión á que cheguei é que se poden levar as cousas máis estrañas que unha pode imaxinar. PERO, tamén é certo que soe haber uns estilos, uns trazos, uns cortes que se repiten habitualmente, por iso serán eses dos que falemos aquí. É dicir, que se non vos convencen as tendencias de “Modas e modismos” hai moitísimas máis, hahahaha!

1. LADY-RETRO: como as propias palabras indican, esta parte versa sobre eses vestidos extremadamente femininos cuxos cortes levan ornamentando os corpos das mulleres unhas cantas décadas.

En primeiro lugar, os vestidos con SAIAS AMPLAS causan furor:

En pasarela temos desde as longas saias de Dior:

www.becomegorgeous.com

Ata as “midi” e de veludo de Lanvin:

www.stylexposer.com

Nos “photocalls” non podía faltar Alexa Chung, de Chanel:

www.zimbio.com

Ou Miroslava Duma, tamén de Chanel:

www.elbowsandkneesblog.com

O modelo de Louis Vuitton que loce Elisa Sednaoui tampouco queda atrás:

scsofiacoppola.wordpress.com

Algo menos vaporosa, Clémence Poésy posa baixo este vestido de Valentino:

www.telva.com

E por último, a musa de Dior, Marion Cotillard, fíxolle un honor ao seu modisto nos Gotham Awards:

www.elle.es

En segundo lugar, nesta sección LADY-RETRO, destacan os CORTES RECTOS, sen perder a natureza vintage e feminina:

A colección do mestre dos vestidos, Valentino, aporta un par de deseños impresionantes:

www.puppylovepreschool.blogspot.com

www.ymbioticlife.blogspot.com

A firma Roland Mouret tamén se deixou querer pola sinxeleza:

www.lainformacion.com

Antonio Marras arriscou ao veludo vermello engadindo un deses “faux-collars” que tanto “o petan”:

www.nowfashion.com

Entre as nosas “it”:

Alexa Chung (de novo, ás que non vos guste debedes de odiarme), cunha creación de Simone Rocha:

www.elle.es

Chlöe Sevigny baixo un vestido de Louis Vuitton:

www.cocosteaparty.com

Dree Hemingway, de Chanel:

www.zimbio.com

E por último Elizabeth Olsen (que parece que desbanca ás súas irmás maiores) vestida para os Independent Spirit Awards:

www.objetivofamosos.com

En terceiro e derradeiro lugar, destacamos os VOLANTES e PEPLUMS:

Nunha versión moi “sixties” a colección de Moschino aporta vestidos deste tipo:

www.myblackcherry.com

Máis discreto é este modelo de Teresa Helbig:

www.trendencias.com

Ese volante no final tamén o loce Irina Lazareanu:

www.thefashionspot.com

Ou Fearne Cotton:

www.emmagem.com

Pero os volantes soben cara a cintura e transfórmanse nos nosos queridos “peplums”:

Aquí, unha das creacións máis vistas e máis aclamadas da colección de Lanvin:

www.stylexposer.com

Selena Gómez lóceo baixo un escote tipo halter:

www.thefashionspot.com

E Laura Bailei como parte dun invernal conxunto:

www.whowhatwear.com

Éme imposible rematar esta parte sen ensinarvos o look de Diane Kruger no evento de Jaeger Le Couture, obra de Jason Wu:

nz.lifestyle.yahoo.com

É dicir, que no estilo LADY-RETRO tamén teñen cabida os pantalóns, e por suposto, nun look de fin de ano 🙂

2. BROCADO: é imposible pensar nun artigo sobre “outfits” de festa sen mencionar o barroco. Este ano vén imparable. E seguro que á meirande parte de vós non vos desgusta de todo, aínda que aposto que o problema é que resulta demasiado ostentoso para o día a día… FIN DE ANO É A VOSA OPORTUNIDADE! Aproveitade esta noite de excesos para poñervos ese vestido que tanto vos gusta e que tan arriscado vos parece! Quen non arrisca non gaña! 😉

Nas pasarelas, nin que dicir ten que é Dolce & Gabbana quen senta cátedra na materia:

www.thecampuscompanion.com

www.coolspotters.com

www.trendhunter.com

Aínda que como sabemos, Balmain non queda moi atrás:

www.coolspotters.com

www.fashionologie.com

www.houseofharps.blogspot.com

www.vogue.in

E incluso Elie Saab sobe ao carro:

www.fashionologie.com

www.stylebistro.com

Lanvin dedícalle algún que outro vestido:

www.coolspotters.com

As “celebs” lévanos moi diversamente:

Heidi Klum apóstao todo ao dourado con este modelo de Alexandre Vauthier e eu penso que acerta, aínda que esa “patorra” resulta un pouquichiño ordinaria… que opinades?:

www.elle.es

Kate Bosworth sáese da súa liña habitual e amosa esta obra de Prabal Gurung:

www.stylebistro.com

Taylor Swift, máis no estilo de Heidi Klum, aínda que máis “honestiña”, viste este modelo de Zuhair:

www.elle.es

Carlota Casiraghi adáptao a unha americana con “peplum” de Gucci e pantalóns:

www.elle.es

E por último, Poppy Delenvinge no último desfile de Hugo Boss, destila clase:

www.celebrityredcarpet.co.uk

3. DARK-PROVOCATEUR: estaredes rumiando que demo quero dicir con isto, pois describir algo así como unha tendencia un tanto gótica, á vez que sensual e escura.

Encabeza a lista de deseñadores góticos Givenchy:

www.thebestfashionblog.com

www.stylefrizz.com

Aínda que moitos máis se adscriben ao tenebroso:

Versace, abusando das cruces e derivados:

www.coolspotters.com

www.coolspotters.com

Elie Saab, con este modelo que luciu no seu momento Keira Knightley:

www.stylebistro.com

Ou Andrew Gn:

www.coolspotters.com

www.tumblr.bergdorfgoodman.com

A modelo máis “hard-core”, Alice Dellal, non podía deixar pasar esta oportunidade e elixiu este modelo de Chanel:

www.fahiontelegraph.co.uk

Sky Ferreira, outra que tal baila, tamén aproveita o momento e amósase así:

De Yves Saint Laurent:

www.harpersbazaar.com

E de Givenchy:

www.harpersbazaar.com

E incluso Poppy Delevingne fai un tímido intento e elixe esta camiseta de encaixe negro:

www.vogue.fr

4. BRILLI-BRILLI:

Xa a semana pasada falamos de metalizados, co cal neste punto non imos afondar demasiado, aínda que non está de máis ver un par de “looks” moi festeiros:

Cara Delevingne, de Burberry Prorsum:

www.elle.es

Kate Bosworth, que a verdade é que me resulta un pouco rariña…

www.thefashionspot.com

Natalie Zea nos Gotham Awards:

www.elle.es

Caroline Sieber, moi afeccionada aos brillos:

No festival de Cannes:

www.harpersbazaar.com

E no evento de Chanel: Little Black Jacket:

www.stylebistro.com

Dree Hemingway na gala do MET:

www.cuorestilo.com

E por último, Mary Charteris cunha reedición dun vestido de Brigitte Bardot de Paco Rabanne:

www.lacedinleather.com

Se chegadas a este punto pensades que todo o que levades visto é “too much” para vós, coa última opción podo redimirme:

5. SOBRIO: unha tendencia inmortal, atemporal, apta para todos os gustos e adaptable a case todos os estilos. Se o que queredes para este fin de ano é destacar por elegancia, este é o voso “look”.

Nas pasarelas, como non, está moi presente Yves Saint Laurent:

www.coolspotters.com

www.stylebistro.com

Aínda que Ralph Lauren fai incidencia nos “little black dress” e ornaméntaos con diversos colares.

www.petit.about.com

Calvin Klein, como non, fai gala do seu minimalismo:

www.huffingtonpost.com

(Este vestido xa o vimos no post sobre Kate Bosworth)

 

www.ladygaga.wikia.com

www.coolspotters.com

As nosas rapazas lévano de formas distintas:

Alexa Chung está incrible neste vestido de Moschino:

www.backseatstylers.com

Cameron Díaz por unha vez vai ben (a sobriedade é infalible) con esta obra de Stella McCartney:

www.thefashionspot.com

Cara Delevingne despóxase de case todo con este modeliño que levou ao desfile de Victoria Secret:

www.tumblr.com

Caroline Sieber enfundada nun vermello Valentino:

www.pactarconeldiablpor.com

Cleménce Poésy, que ás veces roza a sosería… Pero vamos! Elegante é:

www.eyesonparty.blogspot.com

Diane Kruger loce este conxunto de Calvin Klein:

www.harpersbazaar.com

Kate Bosworth de negro total no Fashion Show de Hugo Boss:

www.peoplestylewatch.com

Kira Miró no estreo de Skyfall resalta os seus ombreiros cun encaixe:

www.elle.es

Laura Hayden, na Vogue Fashion Night Out:

www.zimbio.com

De novo, Laura Hayden, de Chanel, en pantalóns (estou obsesionada con poñervos pantalóns para fin de ano, hahaha!)

www.lachanelphile.com

Olivia Palermo elixe unha creación en coiro á que lle suma unha pomposa gargantilla:

www.blog.myp3r.com

Poppy Delevingne, de Chanel, na gala do MET:

www.vogue.mx

Rachel Taylor nos Gotham Awards, esqueceu as mangas e a camisa!:

www.elle.es

Rachel Bilson, cun look moi masculino:

www.zimbio.com

Outra vez Rachel Bilson cun traxe chaqueta de pantalóns curtos e unha elegante blusa:

www.la.racked.com

Ata aquí a entrada de hoxe! Que vos pareceu? Seguro que moitas de vós vos estades a preguntar por que non engadín  ningunha suxestión “low-cost” como habitualmente… Pois porque estou segura de que se poño algún modelo que algunhas de vós xa tedes, me odiaredes, e se en cambio o poño e decidides mercalo estaredes desexando que desapareza deste artigo 😉 hahaha!

Ata a semana que vén!