Macarróns con touciño e crema de nata con queixo

E por fin, aquí esta, a primeira receita de Compostres e potaxes!

Para esta primeira ocasión, escollín un prato bastante sinxelo pero que non todo o mundo sabe preparar, con ingredientes bastante comúns pero que seguro que non vos vai deixar indiferentes.

O que imos preparar hoxe son uns “Macarróns con touciño e crema de nata con queixo”. Non vos asustedes os que vistes ese touciño que vos tira para atrás, non é máis que ese delicioso bacon que pedides nos bocatas aló sobre as cinco da mañá nun vintecatro, un xoves despois de Apolo.

A continuación preséntovos a famosa táboa na que temos os ingredientes necesarios para este prato

Agora que temos todo ben lido, e as cousiñas compradas, vamos a pasar ó máis entretido, facer a comida.

Preparación:

1º O primeiro de todo e lavar as mans, sei que sodes moi limpos e tal e cual, pero non ven de máis recordar que na cociña e moi importante a hixiene.

2º Unha vez limpos, imos atacarlle á cebola, pelámola coa man ata que quede de cor branca e cun coitelo ben afiado, cortámolas en anaquiños ben finos, no que no argot da cociña se coñece como corte xuliana.

3º No caso do touciño, ou ben o mercamos xa picado, ou se non, compramos un taco duns 400gr e picámolo en corte paisana, é dicir, en taquiños.

3º Colocamos unha tixola ao lume e poñemos un chorriño de aceite, que cubra ben a base da tixola. Cando o aceite empece a quecer, botamos a cebola a que se doure xunto co touciño.

4º Chegados un estado ben dourado, como o que vedes nesta foto …

O touciño e a cebola no punto que buscabamos

O queixo azul

O que temos que facer agora é engadir o queixo azul e deixar que se derreta, xunto coa nata.

A nata

5º A isto, que xa vai collendo consistencia, engadímoslle un par de queixiños de toda a vida, deses dos que te fias. Probamos a salsa e rectificamos de sal, tendo en conta que o touciño tende a ser salgado.

6º Deixamos reducir isto cun lume baixo, e mesturamos coa pasta ata que quede algo como isto…

Aquí temos xa o momento de mesturar macarróns e salsa

8º O resultado final debería ser algo así …

Et voilà

Espero que vos guste, que o disfrutedes e si tedes algunha dúbida non o pensedes dúas veces e facédema chegar.

Por último só quero engadir que a cociña é moi progre, polo que acepta calquera ingrediente que lle queirades engadir se pensades que vai quedar máis rico.

Que aproveite!

Os novos “Larpeiros”