Copia a Kate Bosworth

Nun momento de lucidez, tras moito rumiar sobre a quen dedicarlle a primeira entrada desta sección, ocorréuseme elixir á actriz californiana de 21: Black Jack.
Non sei que pensaredes, pero eu creo que ten un estilo de amplo espectro, sen estridencias e notablemente elegante… moi “Californian girl”, vamos. Quizais por iso mesmo a moitas de vós a elección dela como a primeira vos pareza desacertada, transmitídeme as vosas opinións, por favor!
De todos os xeitos, aquí está. Seleccionei nove looks (tardei mil anos en atopar todas as prendas! aínda que sexan de tendas “mainstream”) que creo que son fáciles de copiar (sen que sexa necesario mercar todo o que suxiro! Que seguro que pola casa temos unha chea de cousas similares ; )
Imos aló!

Para ir á “uni”:

www.betrendymyfriend.com

Un conxuntiño simple pero resultón.

www.hm.com

Xersei de punto de H&M: 24,95

www.pullandbear.com

Jeggings de Pull&Bear:  17,99

www.zara.com

Botas cowboy de Zara: non sei canto custan que xa non están na web… Pero aínda andan polas tendas e deben de andar polos 80 euros…  Os botíns  Susanna de Chloé que leva a Bosworth están máis fielmente representados aquí… Pero como están algo máis vistos, decidín aportar este outro modelo, por cambiar!

www.blanco.com

Bolso bowling de Blanco: 32,99

www.coolspotters.com

De novo coas Susanna, esta vez en negro (como son baratas…), moi sinxeliño.

www.bimbaylola.es

Camisiña de Bimba&Lola: 85

www.hm.com

Leggings de H&M: 34,95

www.zara.com

Botíns de Zara: 99,95. Estes si que son os “Susanna”! Copia bastante fiel.

www.zara.com

Bolso de Zara: 89,95

www.celebritystyleguide.com

Tamén moi accesible, nalgún momento todas levamos algo parecido…

www.uterque.com

Camisa de Uterqüe: 69,95 (esta vez superámola en pijería, que a súa é de H&M)

www.zara.com

Blusa de Zara Trafaluc: 22,95

www.pullandbear.com

Vaqueiros de Pull&Bear. 19,99

www.massimodutti.com

Oxford de Massimo Dutti: 79,95

www.hm.com

Bolso de H&M: 39,95. Como o seu de Alexander Wang é imposible de imitar, elixín este que ten un “aire”.

Para ir de cañas:

www.celebritystyleguide.com

Moi rockeira, raro nela.

www.blanco.com

Biker de Blanco: 45,99

www.mango.com

Saia de Mango: 29,99

www.hm.com

Xersei de H&M: 29,95

www.bershka.com

Botas de Bershka: 45,99

www.zara.com

Bandoleira de Zara: 35,95

www.cutypaste.com

Este look que levou ao Coachela creo que me quedou bastante conseguido, aínda que agora que vén o inverno haberá que meterlle unhas medias. O mozo si que non vos podo dicir onde atopalo…

www.pullandbear.com

Camisa de Pull&Bear: 19,99 cunha camiseta negra por baixo.

www.mango.com

Pantalóns de Mango: 22,99

www.mango.com

Cinto de Mango: 29,99

www.mango.com

Botíns idénticos aos dela de Mango: 59,99

(E non, Mango todavía non promociona a ComposTimes…)

www.indulgy.com

Xogo de contrastes, militar con naïf.

www.topshop.com

Chaquetón militar de Topshop: 48 Libras (para as que viaxen moito ou compren por Internet).

www.zara.com

Vestido de Zara Trafaluc: 29,95

www.misako.com

Bandoleira de Misako: 23,99

Botas: as mesmas que as do look anterior.

Para ir de festa rachada:

www.images.stylesaint.com

Unha elección moi sobria, pero moi favorecedora, creo eu.

www.pullandbear.com

Blusa de Pull&Bear: 19,99. Creo que lle van ben eses flequiños.

www.hm.com

Saia de H&M: 99

www.blanco.com

Salóns de Blanco: 27,99

www.mango.com

Bolso de Mango: 55,99

www.zimbio.com

Un vestido de Calvin Klein (nótase… ?)

www.mango.com

Vestido de Mango: 39,99

www.zara.com

Botíns de Zara: 59,95

O bolso non conseguín verllo (en internet, non me dedico a mirar a pantalla do ordenador por atrás…), pero eu poñeríalle unha bandoleira (como semella que leva ela) de cor negro, sinxeliña, e listo.

www.mariclaire.co.uk

Para rematar, este vestido, que me parece sublime, e que xa seleccionara nun destes suplementos de coleccións había tempo para falar del, de Calvin Klein. Creo que o corte favorece a todos os corpos e que o desherdado xogo de branco e negro volva a antollársenos perfecto. Lamentablemente non atopei NIN UNHA SOA SAIA BRANCA con este corte en ningunha das páxinas web de todas as tendas que se me pasaron pola cabeza, polo que fixen unha reinterpretación un pouco libre do deseño. Se atopades algo mellor, non dubidedes en facermo saber!

www.massimodutti.com

Camisa de Massimo Dutti: 39,95

www.mango.com

Saia de Mango: 29,99

www.mango.com

Cinto de Mango: 15,99

www.zara.com

Stilettos de Zara: 49,95

www.zara.com

Bandoleira de Zara: 39,95

Ata aquí a entrada de hoxe. Espero que vos resultase entretida, se non de utilidade ;). Se tedes suxerencias, críticas ou comentarios a secas que facer, adiante! E, por suposto, se estades interesadas en que dediquemos esta sección de “Copiar o look de…” a alguén en concreto, facédemo saber.

Ata a semana que vén!