Disciplina militar

Volvemos cun imprescindible para estes días de chuvia e/ou frío(e/ou sol, e/ou todo á vez) (vou seguir tendo imprescindibles (e parénteses) de outono-inverno o 21 de marzo… veredes!): o estilo militar. Concretamente, as chaquetas militares son o que están petando.

O militar ten dúas facetas, unha tipo exército de terra e outra tipo armada (ou “navy”, como din as trendsetters). Aínda que nas pasarelas parece que domina este último, nas tendas a cousa está máis reñida… Vexamos!

 

www.fashioneditoratlarge.blogspot.com

Atuzarra propón un chaquetón (imos obviar eses pantalóns Quechua) de dobre botoadura, azul mariño tirando a klein.

 

www.fashionbombdaily.com

Max Mara aposta polo verde militar, pero conserva a dobre botoadura, moi masculino.

 

www.the-northernlight.com

Balmain, tan fiel a estes cortes, fascínanos cunha chaqueta navy de home con solapas de raso e botóns dourados (xa lles gustaría aos almirantes levar semellante chaqueta).

 

www.mandulis.net

Salvatore Ferragamo propón esta especie de guerreira cun cinto para rematar a súa precisión militar.

 

Imos agora coas “it-girls” e os seus estilismos:

Na versión exército de terra atopamos primeiramente as parkas:

www.thefashiontag.wordpress.com

Aquí Sienna Miller loce unha beeeen grande combinada con roupa moi sinxeliña e botíns, un look moi “día de chuvia” (estaría en Santiago?)

 

www.stylebykling.com

Elin Kling atrévese cunha da talla de Snorlax e uns pantalóns de Michael Jackson.

 

www.zara.com

Esta de Zara custa 79,95 euros, creo que se semella bastante, ata na cor, á de Sienna Miller.

 

www.pullandbear.com

A tenda raíña das parkas, Pull&Bear, ofrécenos esta polo módico prezo de 39,99. Non sei se esa manga francesa me convence para o inverno… 🙁 pero é moi mona, non?

 

www.bershka.com

E por último, Bershka propón esta por 49,99.

 

www.cdni.condenast.co.uk

Keira Knightley atrévese cun pedazo de abrigote en verde militar.

 

www.mango.com

En Mango haino aínda máis grande, ata os pés, con menos botóns, pero máis petos. Animádesvos?

 

www.chantallerose.blogspot.com

Aínda no exército de terra, pasamos ao concepto de sobre camisa militar. Alexa Chung dálle un toque naïf con esa blusiña de encaixe e un bolso “lady” (encántame este outfit, a verdade).

 

www.zara.com

En Trafaluc temos esta con botóns dourados, por 39,95.

 

www.zara.com

Ou esta, tamén por 39,95. Que a teño visto máis xa pola rúa.

 

www.gossip-today.org

Afondamos xa en terreo lamoso, e introducimos o concepto da CAMUFLAXE. Si señoritas, aquí vemos a Kate Moss cunha chaqueta de camuflaxe, aínda que o momento “zocas” non o entendo… Quizais está emulando á nosa vella de ComposTimes! Aínda así, a chaqueta está ben, non? Que opinades?

 

www.zara.com

Esta sobrecamisa de Trafaluc, custa 39,95… pero que saibades que nas tendas do grupo Inditex hai moitas cousas máis!: pantalóns, camisetas, cintos… todo o necesario para irse a Afganistán!

Que opinades? Gústavos a camuflaxe ou credes que esta tendencia debe quedar ancorada coas Spice Girls?

 

Pasamos xa ao campo da armada! Que o navy vén moi potente este ano.

www.sweetchictrendy.blogspot.com

Emmanuelle Alt acerta con esta americana militar, con ombreiros pronunciados e abundante botoadura, combinándoa cuns vaqueiros baixos moi informais.

 

www.le-21eme.com

Giovanna Battaglia amósanos unha discreta chaquetiña de dobre ringleira de botóns á que lle adxunta un abrigo de pelo. Todo ao negro.

 

www.time-for-fashion.blogs.elle.es

No street style tamén se atopa, en versións máis audaces, combinándoo con coiro e tacóns e tamén máis colexiais, de veludo cun xersei longo e uns pantalóns normais e correntes…

 

www.zara.com

En Zara achamos este chaquetón por 89,95.

 

www.entertainmentwise.com

Máis longo lévao Agyness Deyn (aínda que con ese gorro e ese pelo parece Oliver Twist…)

 

www.marciafashion.blogspot.com

E Alexa Chung dálle un toque moi infantil-cuco con esa saia a tabriñas.

 

www.zara.com

Zara ofértanos este chaquetón por 99,95.

 

www.zara.com

Ou estoutro tan grande (parece que se leva iso do longo ata os pés) por 149 euros.

 

Ata aquí a entrada de hoxe! Que opinades? Gústanvos as prendas militares? Coma sempre, honrádenos cos vosos comentarios e suxestións.

Ata a semana que vén!