Compostimes estará na liga universitaria de fútbol sala

A 3ª División da liga universitaria de fútbol sala da USC contará neste curso 2012/2013 cun novo equipo, o Compostimes Futsal. O conxunto estará formado na súa maioría por compositores e por colaboradores deste medio. Os restantes membros do equipo serán estudantes de xornalismo.

Aínda sen saber a data de comezo das ligas universitarias, o obxectivo que terá o Compostimes Futsal está claro, o ascenso á 2ª división. Será difícil, pero co esforzo tanto dos xogadores coma dos creadores deste proxecto informativo, conseguirase.

As equipacións serán da cor do logo de Compostimes, negras e blancas.