Arkhé, Compostimes

Exhaustos polo equívoco retrato
que os medios ofrecen da realidade,
apóstatas da unánime verdade
que se axeonlla ós pés do sultanato,

decidimos (rozando o desacato)
darlle voz, outra vez, á sociedade,
recobrar para a prensa a dignidade
que perdeu por abuso e por maltrato.

Se gostas da tirana oligarquía,
do empréstito á vil lobectomía,
non leas o que temos que ofrecerche.

Máis se cres que ninguén te representa
e a imaxe che resulta virulenta,
aquí está o Compostimes para entenderche.